A ASOCIACIÓN
Cales son os nosos obxectivos?
APAIOGA nace cunha dobre finalidade:
- defender o perfil profesional de axente de igualdade de oportunidades en todos os ámbitos.
- promover a igualdade de oportunidades e a non discriminación por razón de xénero entre mulleres e homes en todos os eidos sociais: educación, emprego, saúde, economía, política, participación social...
Para acadar estes obxectivos, desde APAIOGA apóstase por:
- Fomentar accións que permitan concilia-la vida familiar e laboral dentro das empresas.
- Deseñar actividades de sensibilización que promovan a non violencia de xénero e a igualdade de oportunidades.
- Coñecer e colaborar con outr@s axentes implicados no ámbito social, perseguindo actuacións transversais, que poidan mellora-la calidade de vida da poboación en xeral: concellos, mancomunidades deputacións, asociacións, servicios sociais, centros educativos, servicios de saúde, CIMs, servicios de emprego público...
- Establecer canles de comunicación con outros organismos promotores da igualdade de oportunidades tanto a nivel local, provincial, autonómico coma nacional.
Quen somos?
Somos un grupo de profesionais con formación específica en igualdade de oportunidades.
As persoas que conformamos APAIOGA procedemos de distintas especializades das Ciencias Sociais: Licenciatura en Historia, Xeografía, Dereito, Psicopedagoxía, Psicoloxía, Pedagoxía, Economía, Ciencias Políticas, Publicidade e Relacións Publicas, así como Diplomaturas en Traballo Social, Educación Social, Maxisterio e Relacións Laborais.
Que ofertamos?
- Asesoramento en igualdade de oportunidades a institucións públicas e privadas.
- Aplicación da perspectiva de xénero as diferentes áreas que conforman un entidade: xestión económica, recursos humanos, comunicación,…
-
Estudios sobre a situación de mulleres e homes en distintos ámbitos: empresarial, educativo, social, …
-
Deseño, implementación e avaliación de plans de igualdade, proxectos de intervención e accións formativas.
Campañas de sensibilización.
-
Organización de xornadas informativas e formativas dirixidas a persoal técnico e político, así como a colectivos sociais.
- Elaboración de diverso material con perspectiva de xénero: guías, presentacións, folletos, …
Curriculo.
- Accións dirixidas ao coñecemento e defensa do perfil profesional de Axentes de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes.
- Plans de Igualdade de Oportunidades.
- Estudos.
- Estudo Sobre El Perfil Profesional De Agentes De Igualdad De Oportunidades.
- Estudo sobre reparto de responsabilidades no ámbito doméstico.
- Material con perspectiva de xénero
- Guía “O papel da AIO na violencia de Xénero”
- Guía para a corresponsabilidade dirixida ao alumnado da E.S.O.
- Guía de Recursos e Servizos Públicos para a Conciliación da Vida Persoal, Laboral e Familiar.
- Guía de Promoción da Igualdade na Empresa: axudas, subvencións e boas prácticas.
- Xornadas de Sensibilización co gallo do 25 de novembro e o 8 de marzo.
- Actividades formativas dirixidas a distintos colectivos: alumnado Plan FIP, comunidade educativo, asociacións, persoal técnico e político, etc.
- Actividades de formación continua para Axentes de Igualdade de Oportunidades.